http://www.flickr.com/photos/51391216@N00/35396121
No mercado existen varios tipos de quads. Hai que poñer atención ás súas características tendo en conta a finalidade para a que adquirimos este vehículo:
- Quads non matriculables: Non están incluídos no Regulamento xeral de vehículos, non poden circular polas vías públicas; non se necesita ningunha licenza pero só se pode circular con eles por circuítos pechados. Son modelos que frecuentemente se lles mercan aos rapaces de 10-11 anos para circular por circuítos cerrados, propiedades privadas... é o que se chama vulgarmente os "miniquads". Exemplos son os Apache mini, Honda TRX 90, etc.
- Cuadriciclos lixeiros: levan unha matrícula igual ca a dos ciclomotores (amarelas). A masa en baleiro é igual ou inferior a 350 kg, a cilindrada ata 50 cc e a velocidade máxima 45 km/h. Pódese conducir coa licenza AM igual ca a de ciclomotor. Non poden circular por autoestradas e autovías, teñen que facelo pola beiravía e, se non a hai, o máis pegado ao bordo dereito da calzada. A idade mínima para conducilos é 15 anos.
- Quads: levan unha matrícula igual ca a dos turismos, poden circular por todo tipo de vías igual ca o resto de automóbiles. O límite máximo de velocidade é 70 km/h. Para poder conducir estes vehículos, se non pasan de 550 kg e se dedican ao transporte de mercadorías, necesitamos o permiso de ciclomotor AM se non pasan de 50 cc; se o quad pasa de 550 kg, necesitamos o permiso de coches (o B); se ten máis de 15 kw, ademais de necesitar o permiso de conducir de coches (o B) o condutor ten que ter 21 anos.
- Quads "vehículos especiais": se está matriculado como vehículo especial debe figurar na tarxeta ITV do vehículo e deben levar matrícula de VE. Ademais, na parte posterior do vehículo ten que levar a velocidade máxima á que poden circular. Para conducilos cómpre ter o permiso da clase B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas pola visita e o teu comentario!