DECENIO SEGURIDADE VIARIA

Hai unha demanda e uns intereses claros por parte da sociedade pola seguridade viaria, é máis, todos os días e en todos os medios de comunicación aparecen novas relacionadas coa seguridade viaria, non só en España, senón a nivel mundial. Preocupa tanto o tema que cada 10 anos a ONU, presenta a todos os estados membros un Decenio de Seguridade Viaria. Acaba de publicar o que se presenta para os anos 2011-2020 e que está destinado a representantes dos gobernos locais, nacionais, á sociedade civil e a empresas privadas que desexen verse implicados neste plan mundial.
Por que un decenio? Porque se considera que esta franxa de tempo ofrece un marco temporal para tomar medidas destinadas a alentar o compromiso político e á asignación de recursos tanto a nivel nacional como mundial. Os países de ingresos baixos e medianos poden utilizalo para acelerar a adopción de programas de Seguridade Viaria eficaces e rendibles, en tanto que os países de ingresos altos poden aproveitalo para mellorar os seus resultados en materia de seguridade viaria.
O obxectivo principal deste decenio é: "estabilizar e posteriormente reducir as cifras previstas de vítimas mortais en accidentes de tráfico en todo o mundo antes do ano 2020". Este obxectivo principal acadaríase se se traballasen en cinco piares básicos:
1- Xestionar correctamente a seguridade viaria
2- Conseguir unhas vías de tránsito e mobilidade máis seguras
3- Fabricar vehículos máis seguros
4- Mellorar o comportamento dos usuarios da vía
5- Saber como responder ante un accidente de tráfico
Nós, como docentes, podemos traballar co noso alumnados os comportamentos que eles como usuarios dunha vía teñen dende pequenos, ensinándolle en función da súa idade e da súa etapa educativa os coñecementos que teñen que saber para poder circular seguros por unha vía pública.
No primeiro ciclo de primaria: (nenos de 6-7 anos)
  • Coñecer as clases de vías públicas
  • Partes dunha vía
  • Utilización da beirarrúa
  • Cruzamento da calzada
  • Semáforos: os de peóns
No segundo ciclo de primaria: (nenos de 8-9 anos)
  • Semáforos: engadímoslle os dos vehículos
  • Sinais e ordes dos axentes de tráfico (as que nos fan aos peóns)
  • As formas xeométricas dos sinais: perigo, prohibición, obrigación, indicación
  • O comportamento como viaxeiros en distintos medios de transporte: no coche, no autobús (espera, subida, baixada, uso dos cintos...)
No terceiro ciclo de primaria: (nenos de 10-11 anos)
  • Sinais de pasos de peóns, stops, cedas o paso...
  • Normas fundamentais para empezar a utilizar a bicicleta. A utilización do casco
Educación secundaria: (13-14 anos)
  • A bicicleta: coñecer as normas de comportamento dun bo ciclista, os sinais referentes aos ciclistas
  • Condutas a seguir ante un accidente de circulación, PAS: protexer, alertar, socorrer
  • Nocións elementais de socorrismo
  • Seguridade activa e pasiva
E, por último, a partir dos 15 anos, xa que a esta idade os nenos poden empezar a conducir ciclomotores, hai que falarlles aos nenos do alcohol como factor de risco na condución, o uso do casco e sobre todo a sensibilización ante un accidente de tráfico, xunto co número 112.


INFORMACIÓN RECOLLIDA NO Estratexias didácticas de educación para a seguridade viaria no ensino non universitario. Edición 2012 DO SERVIZO PLATEGA PARA A FORMACIÓN DO PROFESORADO (CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN)