Imos ver as regras que deben seguir para evitar os atropelos de peóns e o respecto que deben ter por outros usuarios como os ciclistas, que cada vez comparten máis o espazo nas nosas estradas.
- Cómpre respectar sempre os límites de velocidade, pero sobre todo na cidade: un atropelo a un peón a máis de 50 km/h é mortal.
- Cando vexamos que un vehículo se detén diante nosa, é moi probable que baixen pasaxeiros e saian sen fixarse. Isto pode dar lugar a un atropelo. Non debemos permitir que baixen do noso coche pola zona que circulan os vehículos, senón polo lado externo da calzada.
- É unha conduta de risco ser peón e ir falando ou chateando polo móbil: hoxe en día é moi frecuente cruzarnos con persoas máis pendentes da conversa que están mantendo ca do tráfico, sen ver os vehículos que se aproximan a eles.
- Hai que ter moito tino coas saídas dos garaxes, sobre todo se son en rampla, xa que é máis difícil ver os peóns ao saírmos. Así pois, hai que reducir a velocidade e manter o control do vehículo en todo momento.
- As saídas dos centros educativos teñen moita accidentalidade: son os lugares máis perigosos pola alta frecuencia que hai de accidentes nas súas proximidades. Ao acabaren as clases os nenos teñen problemas de atención, que unido á súa baixa percepción do risco e á súa menor visibilidade, obriga o condutor a ter unha maior precaución cando está circulando polas súas proximidades.
- Non se debe aparcar indebidamente: aparcar sobre un paso de peóns ou sobre a beirarrúa obriga aos peóns a invadir a calzada.
- Ao circular cun vehículo non se lles debe facer sinais aos peóns para que crucen a calzada, os demais condutores poden non darse de conta da súa presenza e o peón confiado pode ser atropelado por outro coche.
- Cando vexamos un ciclista que circula pola beiravía ao adiantalo fóra de poboación temos que deixar unha separación de 1,5 m como mínimo e invadir,se fose necesario, o carril de sentido contrario, aínda habendo liña continua, para facelo con seguridade.
- Se imos pisar unha beiravía pola que circulan ciclistas para entrar noutra vía, debemos deixalos pasar a eles primeiro e, se vemos que non percibiron a nosa presenza, podemos utilizar a bucina para que se dean de conta.
Os ciclistas teñen accidentes porque se distraen, por xiros incorrectos, por circular fóra da beiravía ou por non respectar os semáforos e sinais verticais (STOP ou ceda o paso). A maioría destes usuarios collen a bicicleta para faceren deporte e non se decatan de que son condutores dun vehículo. Os outros usuarios deben extremar a precaución para evitar atropelos, xa que en moitos dos casos son mortais.
Aínda que os accidentes de ciclistas se producen ao longo de todo o ano, increméntase de forma considerada coa chegada do bo tempo, a maioría ocorren por choques contra un turismo e nas rectas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas pola visita e o teu comentario!