9 mar 2012

Luces en ciclomotores, motos e quads

Day 55/Aug 29 - Cornering
http://flic.kr/p/6UiY9Z

CICLOMOTORES:
non teñen a obriga de circular coa luz de cruzamento acesa polo día.
a) Diante: 1 ou 2 luces de cruzamento, as luces de estrada son opcionais, como tamén os intermitentes
b) Detrás: 1 ou 2 luces de freo; a luz da placa de matrícula só é obrigatoria para os matriculados despois do 1990, os intermitentes son opcionais.

QUADS:
a) Diante: 1 ou 2 luces de cruzamento; as de estrada son opcionais. Leva obrigatoriamente un intermitente a cada lado.
b) Detrás: luz de freo; luz da placa da matrícula e intermitente a cada lado opcionais.

MOTOCICLETAS:
a) Diante: 1 ou 2 luces de cruzamento, 1 ou 2 luces de estrada, 2 intermitentes (1 por lado)
b) Detrás: 1 ou 2 luces de freo, 1 luz de placa de matrícula, 2 intermitentes, 1 ou 2 luces de néboa

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas pola visita e o teu comentario!