16 mar 2012

Conducir con seguridade

http://flic.kr/p/5RpjGD

A condución perfecta é a condución segura.
Aquí temos 5 consellos que permitirán realizar todas as viaxes en familia con seguridade:
1. Minimiza as distraccións, non realices outra actividade mentras conduces como: xogar con nenos falar por teléfono, maquillarse,...
2. Infórmate antes de viaxar sobre: condicións climatolóxicas que poden requerir precaucións adicionáis (neve, chuvia, néboa,...)
3. Mantén sempre a distancia de seguridade apropiada segundo a vía e as condicións que atopes durante a viaxe.
4. Evita conducir de forma agresiva (sobre todo cando viaxes acompañado ou con nenos en silliña),  planifica a viaxe con antelación con tempo suficiente de viaxar e tendo en conta calquer imprevisto.
5. Mantén o coche en perfectas condicións, revisa so seu estado antes de comezar a viaxe e asegúrate de que todos os mecanismos (freos, sistema de combustión, llantas, luces, batería,...) están en perfecto estado.


La banda de las ruedas locas

"La banda de las ruedas locas" é un libro dirixido á nenos e nenas de entre 9 e 11 anos que nos fala das aventuras dunha banda infantil e nos da a coñecer distintos aspectos relacionados coa educación viaria.
Preme na imaxe para ler o libro.


11 mar 2012

Enquisa sobre uso da bicicleta

Achego unha posible enquisa que nos servirá para coñecer o uso que o noso alumnado lle dá a bicicleta.
Cos resultados poderemos manter un diálogo con eles debatendo se os seus hábitos son adecuados ou non e qué poderían facer para mellorar, evitar accidentes e ter unha condución segura.

A BICICLETA

9 mar 2012

Nova campaña da DXT con Leo Harlem

Luces en ciclomotores, motos e quads

Day 55/Aug 29 - Cornering
http://flic.kr/p/6UiY9Z

CICLOMOTORES:
non teñen a obriga de circular coa luz de cruzamento acesa polo día.
a) Diante: 1 ou 2 luces de cruzamento, as luces de estrada son opcionais, como tamén os intermitentes
b) Detrás: 1 ou 2 luces de freo; a luz da placa de matrícula só é obrigatoria para os matriculados despois do 1990, os intermitentes son opcionais.

QUADS:
a) Diante: 1 ou 2 luces de cruzamento; as de estrada son opcionais. Leva obrigatoriamente un intermitente a cada lado.
b) Detrás: luz de freo; luz da placa da matrícula e intermitente a cada lado opcionais.

MOTOCICLETAS:
a) Diante: 1 ou 2 luces de cruzamento, 1 ou 2 luces de estrada, 2 intermitentes (1 por lado)
b) Detrás: 1 ou 2 luces de freo, 1 luz de placa de matrícula, 2 intermitentes, 1 ou 2 luces de néboa

Luces da bicicleta

bicicletta alla signoria

http://flic.kr/p/7DSgKp

As bicicletas non traen instaladas luces de fábrica.
Con todo, cando circulen de noite ou en condicións climatolóxicas adversas deben levar unha luz branca diante e utra vermella atrás.


LUCES

Sundown Traffic Doha
http://flic.kr/p/bh1sWz

Luces dos vehículos, cores e posición obrigatorias.